PolíticaÚltima hora

Miguel Ángel Meléndez, novo responsable local do BNG de Viana de Bolo

 

A asemblea local do BNG vianés reuníase na tarde do 12 de decembro para escoller ao seu novo responsable. Na xuntanza resultaba elixido elexido Miguel Ángel Meléndez Comunhas, un xurista de 27 anos, e “cun grande compromiso militante dende vai anos. Suma este cargo ao que xa ostenta en Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, como responsable nacional de ecoloxismo”, tal e como se indica dende a formación nacionalista.

“Asumo o cargo con moita ilusión, e con ganas de poder aportar o máximo posible ao proxecto do BNG en Viana. Agradezo a confianza que esta asemblea deposita en min, e tamén na xuventude como motor de presente e futuro, así como, tamén quero pór en valor o traballo da responsable local sainte, Graciela Diéguez, que fixo un gran traballo nestes últimos anos”, declarou logo da súa designación.

 

 

Este nomeamento prodúcese como consecuencia das eleccións asembleariss dos responsables locais e comarcais, asi como dos consellos comarcais tras a XVIII asemblea nacional do BNG, procesos establecidos estatutariamente nesta organización política.

Back to top button