En portadaÚltima horaVídeos

Mil e unha propostas para agasallar e saborear, no Mercado de Nadal do Barco

Uns 35 postos, entre produtores, artesáns e asociacións, participan nesta edición que se desenvolverá o 21 e 22 de decembro na praza do Concello

 

Percorrido de sabores, dende deliciosos doces como a bica, pasando por queixos e pizzas, ata licores e viños, pero tamén artesanía diversa, xoiería e mesmo moda e complementos o cosmética natural. A partir das 11:30h. deste 21 de decembro cobraba vida o Mercadiño de Nadal do Barco, con ata 35 postos diferentes situados na praza do Concello.

Ademais de demostracións en vivo, por exemplo de xoieiría e de traballos en madeira, durante os dous días nos que estará aberto haberá moitas actividades para nenos e adultos, con obradoiros para todos eles. Entre as novidades deste ano, un showcooking dun menú de Nadal, unha cata de Nadal, e un recital de panxoliñas.

Os asistentes ao Mercado poderán participar nunha chocolatada gratuíta o domingo, ás 19 horas, e os que realicen compras, no sorteo dunha cesta con produtos vendidos nas casetas do propio mercado.

 

 

 

Programa de actividades

SÁBADO 21 DECEMBRO

11,30 horas.- Apertura do Mercado de Nadal
-Obradoiros gratuítos con GEORGIART :
– 11.00 horas e 17.00 horas: “O meu pobo de Nadal” (4-8 anos).
-12.00 horas e 18.00 horas: “Creación dun Centro de Mesa de Nadal” (A partir
de 8 anos e adultos)
-13.00 horas e 16.00 horas: “Envolve os teus regalos de forma diferente”
(Público adulto)
Prazas limitadas. Inscricións no teléfono 652 24 48 22Lugar de celebración: Sala de Exposicións de ABANCA – Praza do Príncipe
Duración dos obradoiros: 45 minutos
12.00 horas.- Showcooking de Menú completo de Nadal con Allo Negro, dirixido
por Belén Castro de Vallelongo.
Prazas limitadas. Inscricións no teléfono 625718801
Lugar de Celebración: Recinto do Mercado de Nadal.

 

 

DOMINGO 22 DECEMBRO

12,00 horas.- CATA DE NADAL
Cata degustación de produtos do mercado, maridados con viños de Valdeorras,
mosto e licores. Dirixido pola enóloga Cecilia Fernández.
Prazas limitadas. Inscricións no teléfono 652 24 48 22
Lugar de celebración: Sala de Exposicións de ABANCA – Praza do Príncipe
Prezo 5€
Obradoiro

16.30 horas.-Obradoiro en madeira impartido por BOHEMIAN ARTE: “Pinta o
teu Tote Bag” (Todos os públicos).
Lugar de Celebración: Sala de Exposicións de ABANCA – Praza do Príncipe
Duración do obradoiro: 2 horas e media
Prazas limitadas. Inscricións no teléfono 652 24 48 22

18,00 horas.-Recital de panxoliñas
Participarán alumnos do Colexio Condesa de Fenosa, Divina Pastora e Ramón
Otero Pedraio.

19,00 horas.-Chocolatada gratuíta. No recinto do mercado.

19,30 horas.-Sorteo de cesta con produtos do Mercado, entre os que mercaran
nas casetas ao longo da fin de semana.

 

 

CASETAS NO MERCADO DE NADAL: PRODUTORES E ALIMENTACIÓN

ÁNADES GALICIA – Foie grass e xamón de Pato – Vilardevós
BARBUDOS COOP. – Licores artesanais – O Barco
BICA MANZANEDA – Bica mantecada – Manzaneda
LARPEIRADAS GALEGAS- Pan e doces artesanais – A Estrada
TERRAS GIGURRAS – Produtos gourmet de Valdeorras – Valdeorras
CUMBRES DE TREVINCA – Queixo de vaca – A Veiga
LOS DULCES DE FAIRUZ – Gofres e Crepes – O Bolo (solo o sábado)
MEL O MARQUESADO – Mel – Serra da Enciña da Lastra
GOFRES & CREPES – Gofres e Crepes – A Rúa (solo o domingo)
PALOMITAS JORGE – Palomitas e algodón de sucre – El Bierzo
M ONTECEO.- Queixo de cabra ecolóxico de Luintra
CASAL DA FRADISSA.- Viño e Aceite de Mirandela (Portugal)
ARTESANÍA E DETALLES DE NADAL
A RABUDA – Velas e Xabóns – Rubiá
ARTESANÍA ENXEBRE DE VALDEORRAS- Arte en madeira – O Barco
BITE ME DOG – Complementos artesanais para cans – Arteixo
BOHEMIAN ARTE – Pirogravado, tote bags, macramé – El Bierzo
DOMINGO MALVESADA – Arte en lousa – O Barco
FINA CRESPO – Xoias de Autor – A Rúa (só o domingo)
JBÉRTOLO – Artesanía tradicional en coiro – Vigo
MORNA – Xoiaría artesanal – O Barco (solo o sábado)
RAÍCES COSMI – Arte en resina – O Barco
SPOOMBINI DESIGNS. – Artesanía tradicional galega – Valdeorras
TRAPALLADAS ARTESANÍA – Artesanía en coiro e complementos – A Rúa
JAVIER BRASA – Regalos personalizados – O Barco
MARIPOSA AZUL – Complementos Acero Inox – Vilariño de Conso
O MUNDO DE POPITAS – Arte en pintura – O Barco
SERENDIPIA CREATIVE – Madeira e Metacrilato – Viana do Bolo
XARDINALIA FLORISTERÍA – Artesanía Floral – A Rúa
NATURA – Cosmética Natural – San Xoán de Río
ANA PARADELO – Bolsos e Sombreiros – O Barco
LA VIDA PIRATA.- Xoiaría de autor.-O Barco
ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO
(No stand das ASOCIACIÓNS estará unha asociación cada media xornada)
ASFAVAL – Asoc. Familiares Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras
PELUDINES- Protección de animais – Valdeorras
DISVALIA – Persoas con discapacidade de Valdeorras Asociadas
PATRULLA FELINA O BARCO – Atención das colonias felinas – O Barco

 

 

Back to top button