CulturaCulturaÚltima hora

Milagros Álvarez, veciña do Barco, publica o seu segundo libro “La vida de Juana y su triste dilema”

Milagros Álvarez, co seu libro./ Foto: A.R.

 

Sempre lle gustou escribir e, malia o paso dos anos e a falta de posibilidades para facelo, nunca renunciou a ese soño. E froito dese afán, no outono do 2021 publicaba a súa primeira novela “La vida de Pilar y su hija Alba”. A acollida foi excelente, tanto, que lle pedían unha segunda edición, pero antes de dar ese paso, Milagros Álvarez Prada, veciña do Barco, apostaba por sacar a luz unha nova novela. E así, xustamente tres anos despois, acaba de saír do prelo “La vida de Juana y su triste dilema” (Editorial Cuadranta), que novela feitos reais e retrata a unha mai dos anos 80 e a problemática da droga.

Trátase dun libro de case 340 páxinas e cunha portada que resume a temática da obra, con moitas sombras, pero tamén con espazo para a luz e a esperanza. Milagros Álvarez presentaba o seu libro a primeiros de novembro no Magosto de Truchas e agarda que esta segunda novela “guste igual que a anterior… ou, bueno, máis se pode ser. Estou segura de que non vai defraudar”.

O libro pode adquirirse a través da web da editorial ou ben a través da propia autora.

Back to top button