
Minuto de silencio polas vítimas do temporal en Quiroga. A FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias, convocaba esta mañá, ás 12 do mediodía, un minuto de silencio nas portas das casas consistoriais, en memoria das persoas falecidas e en apoio ás súas familias.
No Concello de Quiroga tamén se gardaba un minuto de silencio, con esta finalidade e coa confianza da pronta localización das persoas desaparecidas.