ConcellosÚltima hora

Misión de revalidación do Xeoparque Mundial Montañas do Courel

 

Ata as Montañas do Courel chegarán neste luns dous avaliadores da UNESCO, Catherine Posthumus (Holanda) e Mikko kiuttu (Finlandia), para levar a cabo unha nova misión de revalidación deste Xeoparque Mundial.

“Os avaliadores terán oportunidade de coñecer ate o venres o traballo realizado nestes dous últimos anos, no que trala revalidación de 2022, deberíamos facer fronte a unha serie de recomendacións e poderán comprobar os avances realizados”, explican dende o Xeoparque Montañas do Courel.

O programa inclúe reunións de traballo co staff do Xeoparque, cena institucional coa participación de representantes dos tres concellos do Xeoparque, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, así como representantes do tecido asociativo do territorio, e numerosas visitas polo territorio que os levará a coñecer entre outros: o Museo de Xeoloxía, o Museo Etnográfico, o Centro Interpretación da Minería Aurífera Romana, o Centro de Interpretación do río sSil, Montefurado, a ruta dos miradoiros en Ribas de Sil, a Aldea Paleozoica da Seara, a Fervenza de Vieiros, a Aldea Paleozoica de Seceda, o Castro da Torre, a Oficina turismo de Folgoso do Courel, o Miradoiro de Alto do Boi, Miradoiro de Campodola e o proxecto educativo do CEIP de Quiroga.

As recomendacións recibidas no Xeoporque correspondíanse con: mellora sinalización do Xeoparque nas entradas ao territorio, adaptación do Logo Xeoparque as novas normas UNESCO, incorporación na estratexia do xeoparque do cambio climático e os megaincendios, emprego de idiomas nos paneis de interpretación e material divulgación do xeoparque, mellora da estructura de xestión do Xeoparque (contratación xeocientífico), fortalecemento da estructura de financiamento do xeoparque, e proxecto educativo.

Back to top button