OurenseÚltima hora

“Móllate co Comercio” arrinca mañá, 4 de agosto, no parque Barbaña (Ourense)

Para acceder será necesario presentar un resgardo de compra superior a 5 euros

As actividades do proxecto “Móllate co Comercio” darán comezo este martes, 4 de agosto. A primeira cita será no parque Barbaña, con franxa horaria de 17:00h, 17:45h, 18:30h e 19:15h. O acceso será gratuíto sempre que se presente un resgardo de compras superiores a 5 euros e o aforo estará limitado a un máximo de 90 nenos. A organización recomenda levar roupa de baño, chancletas, toalla e gafas de piscina, ademais do resgardo e mascarilla sanitaria.

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Ourense, busca impular o comercio da cidade ao tempo que ofrece xogos acuáticos e inchables para os máis pequenos todos os martes e xoves do mes de agosto. A seguinte quenda será no Xardín do Posío, o vindeiro día 6.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button