
A Asociación de Pintores do Bierzo inaugura hoxe ás 17h. unha nova Exposición Colectiva de Pintura, nesta ocasión na Casa da Cultura de Cubillos del Sil e que se poderá visitar ata o 30 de maio. A mostra está comisariada pola recentemente escollida nova directiva, encabezada por Carlos Jato como novo presidente, Roberto Sanz, que se reincorpora de novo á directiva como vicepresidente, Marcial Alcaide vicepresidente segundo, ademas do fundador da asociacion, Luis Gómez Domingo, que foi elixido como presidente honorífico.
A inauguración terá lugar hoxe este luns día 5 ás 17h. coa presenza do alcalde de Cubillos del Sil que estará acompañado de membros da Corporación municipal. Na exposición expoñeranse traballos pictóricos de quince socios.
Exposición colectiva de Pintura (Asociación de Pintores do Bierzo).
Casa da Cultura de Cubillos del Sil.
Do 5 ao 30 de maio de 2025.
Entrada Libre