CulturaCulturaÚltima hora

Mostra itinerante do centenario das Irmandades da Fala, no Barco

Ata as oito da tarde deste xoves 16 de xuño poderá visitarse a exposición “Centenario das Irmandades da Fala” (1916-2016) na praza Andrés de Prada do Barco. Trátase dunha mostra itinerante que aborda a historia e labor desenvolvida polas Irmandades. Ten sido promovida pola asociación Ora Galega e está instalada nun antigo autobús que está a percorrer a xeografía galega.

Durante a mañá do 16 de xuño, grupos de alumnos de secundaria e bacharelato visitaban a mostra, guiados polo técnico de Cultura do Barco, Gustavo Docampo, quen lles explicaba ademais as conexións das Irmandades da Fala con autores valdeorreses. Con esta mostra vén de abrirase asemade o programa da cuarta edición de “De Perto_Espazos de Cultura no Barco”.

Artigos relacionados

Back to top button