ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Multitude de persoas súmanse ao V Barathón de Trives

Este singular percorrido arrancaba ás seis da tarde da praza do Pilón da vila

Música, boas temperaturas e numeroso público con ganas de desfrutar. Así arrancaba unha nova e exitosa edición do Barathón de Trives. Trátase dun percorrido festivo polos bares triveses selando un “diploma” con cada unha das consumicións realizadas que logo permite acceder ao sorteo dunha gran cantidade de premios. Nesta quinta edición o circuíto inclúe 18 bares. EAdemais non falta a música dentro e fóra dos establecementos da man dos ritmos tradicionais do grupo local As Macizas Centrais.

Ás 22:30h. concluirá o tempo “do evento deportivo” e os participantes que completaran o percorrido deberán entregar na praza do Reloxo o seu diploma para a verificación por parte da organización e para participar no sorteo dos premios, que se efectuará unha vez revisados todos os diplomas. “Este ano os premios melloran e sortearanse bicas, ceas para 2 persoas, botellas de Albariño, botellas de licor café, botellas de herbas, tortillas, pizzas, etc. que foron doados polos locais hosteleiros participantes”, din dende a organización.

Este será un punto e seguido, xa que a celebración e o bo ambiente proseguirá cunha cea a base de pinchos no Bar-Museo O Bodegón para que continúe a festa e “a xente que vén de fora poda socializar coa xente local”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button