EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Multitudinario pregón do actor Pablo Chiapella na XXXVII Feira do Viño de Quiroga

Cun recinto feiral ateigado de público, o actor manchego daba un pregón cheo de humor e con referencias á paisaxe quiroguesa e aos viños

A rúa central de Quiroga vén de converterse nesta fin de semana en escenario do recinto feiral da XXXVII Feira do Viño de Quiroga. Esta mostra abría as súas portas ao público o sábado 21 achegando os viños de media ducia de colleiteiros así como un programa cheo de actividades, entre elas a música.

Pero sen dúbida o momento máis destacado da primeira xornada feira era o do pregón, cun recinto feiral ateigado de público de todas as idades. Agardaban ao actor manchego Pablo Chiapella, da coñecida serie televisiva “La que se avecina”, que, dende o escenario da orquestra, dirixía a partires das oito e media da tarde un pregón salpicado de moito humor, con guiños á paisaxe quiroguesa, ao río Sil, aos viños e, por suposto, ao recén recoñecido Xeoparque Montañas do Courel.

 

 

Un pregón que remataba enumerando as diferentes variedades de uvas, coa corresponde ovación dos presentes, “como se fosen xogadores de fútbol” e dun xeito espontáneo pasando o microfóno a Cachelo, un veciño de Quiroga. Finalmente, e xunto as autoridades, entre elas o alcalde de Quiroga, tiña lugar un brinde pola xente de Quiroga e polos seus viños. O programa da mostra continuará nesta xornada de domingo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button