Cunha abarrotada rúa Real de Quiroga subíase ao palco situado no inicio da mesma o pregoeiro da XL Feira do Viño, o acto Iván Sánchez, coñecido polos seus papeis en series de televisión como “Hospita Central”, “Aquí no hay quien viva” ou “Periodistas”. Este intérprete, cunha vinculación familiar coa vila, estaba acompañado por representantes do Concello de Quiroga, entre eles o seu alcalde, así como pola presentadora do acto, a xornalista valdeorresa Manola Porto.
Durante a tarde o recinto feiral enchíase de público que visitaba e cataba os viños da ducia de adegas participantes nesta edición da mostra.
Tras o acto do pregón, no mesmo palco procedíase á entrega de premios do concurso de camisetas “Feira do Viño 2022” e logo actuaba o Grupo Atenas no recinto feiral.
Fotos: Carlos G. Hervella.