No exterior do CEP Marcos da Portela de Monte Porreiro (Pontevedra) loce xa dende mediados desta semana un fermoso e orixinal mural con anacos de cerámica que, entre figuras e formas, dá lugar á palabra “Inclusión”. O mural inaugurábase na tarde do 8 de abril con motivo da celebración do Día do Pobo Xitano e do 600 aniversario da súa chegada a territorio español.
Este mural, con deseño do artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e de Susana Ferradás, ten 14 metros de ancho por 2,5 m de alto. No inaugural tiñan lugar diversas intervencións, entre elas a da directora do centro, Alicia Martínez, así como actuacións musicais.
Na elaboración desta obra participaba o alumnado do CEP, así como un grupo do CEIP San Benito de Lérez.
Fotos cedidas.