Ademais das manifestacións tradicionais do Entroido de Viana do Bolo, durante as datas de celebracion nesta festa tamén sorá moita música na vila. Así, segundo se adianta dende o Concello de Viana, haberá “charangas, grupos musicais, discomóbil, etc. para gozar destos días de troula e diversión”.
Por outra banda, dende o xoves 13 de febreiro e durante todo o Entroido pode visitarse na sala de exposicións do Concello de Viana a mostra “MUNDBOTEIRO” da artista vianesa Edna García Estévez, que centra o seu traballo na figura do Boteiro. “Edna interpreta un mundo novo sobre o boteiro. Un mundo no que o boteiro toma numerosas actividades e facetas se traslada a diversos lugares, todo dentro do imaxinario creado pola autora”, segundo o alcalde de Viana, Secundino Fernández.