
Conta atrás para a sétima edición da Festa do Casco Vello do Barco, que se celebrará do 13 ao 14 de na praza Maior da vila. Trátase dunha iniciativa impulsada por veciños da zona na que se unen seis establecementos de hostalaría (Excalibur, Tapería Agarimo, O Buraco, Kavernikola, 13/14 e A Cova da Capitana) e o Concello, a través da súa Concellería de Turismo, coa Feira do Porto da Barca (só o día 14 de xuño).
A celebración terá dous escenario principais. Por unha banda, a xa citada praza Maior, onde están previstos diversos concertos, así como de degustacións gastronómicas e de bebidas nas casetas que instalarán na zona os cinco bares participantes. E, pola outra, a praza de San Mauro, onde se desenvolverá unha nova edición da feira de artesanía.
Deste xeito, a VII Festa do Casco Vello cobrará vida na tardiña do venres 13 de xuño coa apertura dos expositores dos bares ás 20h. O programa musical encetarase ás 22:30h. coa actuación da banda Coolflanders, de funk e blues, que de seguro deleitará ao público con xoias da música negra.
Xa superada a medianoite, o relevo no escenario da Festa do Casco Vello collerao o grupo Fendetestas, do Barco. A música continuará a partir da 1:30h. da man de Dani Argü Dj e Amadeo Dj.
O programa desta celebración seguirá na xornada do sábado 14 de xuño coa posta en marcha, arredor das 11h., da IV Feira de Artesanía e Produtos Locais Porto da Barca (ver programa completo en https://osil.info/v-feira-do-porto-da-barca-o-sabado-15-de-xuno-na-zona-vella-da-vila/. Nela participarán unha trintena de posto con moi diversos artigos, entre eles de artesanía. Ademais haberá vermú de festa con Dj dende as 11:30h.

Xa ás 20h. reabrirán as casetas dos bares na praza Maior, onde poderán saborearse novamente os petiscos acompañados de bebidas. E ás dez e media da noite a praza encherase da música do prestixioso grupo Trouper’s Swing Band, cabeza de cartel desta edición.
Esta banda, que vén dende Orihuela, alterna temas propios con adaptacións do Swing, Neoswing e Rockabilly. Despois desta actuación, tocará Dinosaurios (entre as 00:30h. e as 2:30h., unha banda de versións. A música proseguirá ata ben entrada a madrugada no escenario da praza Maior da man de Dani Argü Dj e de Amadeo Dj, que porán o broche á celebración.