En portadaÚltima horaVídeos

Na nova tempada, o CD Barco de 3ª Federación marcará obxectivos “partido a partido”

O campo municipal de Calabagueiros acollía a presentación e o primeiro adestramento

 

“Para min o esforzo é innegociable. Partindo diso, vindo a adestrar, sendo comprometidos e facendo as cousas ben, creo que hai un grupo co que se poden facer cousas moi boas”. Con esta mensaxe do míster, Agustín Ruíz, breve pero concisa, o CD Barco de Terceira Federación comezaba a pretempada, co primeiro adestramento no campo municipal de Calabagueiros.

 

 

Facíao na tardiña deste luns 3 de agosto, despois da presentación do novo equipo no que buscaron “e creo que o conseguimos, que o perfil de xogador sexa do que lle gusta adestrar, que se esixe o máximo, súper egoista  pero humilde, así seguro que nos vai ir ben a todos”, en palabras do adestrador que estará acompañado por Fran, un vello coñexido do club, no que xogou en case todas as categorías e ao que volve para axudar no corpo técnico.

 

 

O presidente Nilo Ramos, era quen lles daba a benvida, sobre todo aos novos, dándolle as grazas por apostar polo club, “unha familia”. Asegura que coma sempre as súas aspiracións serán, primeiro salvar a categoría e despois optar ao que poidan. “O obxectivo hai que marcalo partido a partido”, dixo, lembrando a boa segunda volta que fixeron na pasada tempada quedando moi cerca do play off cando “ninguén daba un duro tras a primeira volta”. Asegurou que son “un club obreiro, que o vai ter que dar todo porque ninguén nos vai regalar nada”, dixo, consciente de que xogarán contra equipos que os van dobrar en presuposto pero “o diñeiro non é o máis importante”.

 

 

O encargado de darlles a benvida ao Barco de Valdeorras era o alcalde, Aurentino Alonso, quen sempre destaca o gran labor do club, consciente da complexa situación xeográfica na que se atopan.

 

 

E sen moita máis dilación Agustín dirixía o primeiro adestramento da tempada. Por diante teñen un comleto mes de amigables. O primeiro será o sábado día 8 contra o Verín CF no XI Memorial Miguel Fariñas ás 18 horas en Calabagueiros.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button