
Medio cento de veciños dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil veñen de depositar no Bispado de Lugo os estatutos para a constitución canónica dunha confraría baixo a advocación dos Remedios, que na zona de Quiroga goza de gran devoción. E iso non só na parroquia quiroguesa de Santa María de A Ermida, onde o día 8 e 9 de setembro sae a Virxe acompañada de dous xigantes coñecidos como Pampórnigas e unha figura diabólica concedida como Meco; tamén na parroquia quiroguesa de Santa María de Quintá do Lor, na que os veciños durante os días 7 e 8 do mesmo mes honran a súa patroa na capela dos Remedios con gran afluencia de visitantes.
Con esta iniciativa buscan promover, manter o culto e veneración á Virxe dos Remedios nun momento ben singular. Por una lado, o 21 de outubro de 2024, a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural á romaría da Nosa Señora dos Remedios, en A Ermida; e por outro o xubileo romano 2025 que tamén se poderá gañar nesta igrexa a partir do 29 de decembro, despois da apertura solemne do Ano Xubilar na catedral de Lugo.
O primeiro acto público que levará a cabo a nova confraría será a presentación dun novo manto para a Virxe dos Remedios da Ermida. A presentación realizarase en Castro Caldelas o vindeiro 27 de novembro ás 12:00h. Ademais neste mesmo acto a parroquia da Ermida tamén presentará unha nova coroa para a virxe.