Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, aposta polo terceiro carril da OU-533

Así o anunciaba na visita realizada a Viana do Bolo, indicando que o BNG ten como prioridade garantir o reequilibrio territorial e a cohesión social, tamén nas zonas rurais de Ourense"

 

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, visita Viana do Bolo acompaña polo portavoz municipal e candidato, Secundino Fernández, a concelleira, Emilia Somoza, e a ex concelleira, Graciela Diéguez. Presas promete a ampliación da escola infantil pública de Viana do Bolo e cumprir coa demanda da veciñanza de construír o terceiro carril da OU-533, despois do 18 de febreiro cun goberno galego liderado polo BNG “que ten como prioridade garantir o reequilibrio territorial e a cohesión social, tamén nas zonas rurais de Ourense”.

Neste senso, Presas anunciaba “medidas que favorezan o reequilibrio territorial e a cohesión social” recollidas tanto no programa marco do BNG como no específico para as comarcas ourensáns baixo o nome “Plan Ourense Vivo”.

A Estratexia Rural 2024-2028 do BNG, indicaba a cabeza de lista do BNG, “aposta por fixar e atraer poboación no rural: fortalecendo os servizos públicos e mellorando as conexións. Para o BNG será unha absoluta prioridade que Viana do Bolo avance en dous sentidos: comprometémonos a ampliar as prazas da escola infantil para que todos os nenos e nenas desta zona que o precisen poidan acudir a escola e se vexa mellorada”.

 

 

Así mesmo Presas dicía que “hai que acabar cos incumprimentos históricos do Partido Popular a respecto da OU-533 que durante moitos anos se inclúen partidas pírricas nos orzamentos da Xunta se conseguir a súa mellora integral e tampouco colman as expectativas de mellora que necesita esta vía construíndo un terceiro carril”. Ante esta situación, a cabeza de lista avanza que o goberno galego liderado polo BNG dotará a OU-533 dun terceiro carril atendendo así as demandas da veciñanza.

Artigos relacionados

Back to top button