Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Noa Presas fala da construción do novo Centro de Saúde da Rúa como “medida prioritaria para o goberno galego do BNG”

 

A cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense ás eleccións galegas, Noa Presas, e a alcaldesa da Rúa, María G. Albert, “avanzan a construción dun novo Centro de Saúde para a localidade valdeorresa cun goberno do BNG a partir do 18F”, tal e como destaca a formación nacionalista. Presas e Albert sinalan a necesidade de “rematar coa discriminación que sofre A Rúa en materia sanitaria e denuncian o reiterado uso electoralista do PP e os anos de incumprimento pola súa parte”.

Noa Presas asegura que “o PP nega que non existen problemas na sanidade pública. Mesmo apunta a que a falta de pediatras na Limia ou a falta de especialidades no Hospital de Valdeorras é porque non hai profesionais”, pero, “nestes quince anos o Hospital de Valdeorras foise degradando, restándolle autonomía despois da reforma da lei de saúde, tendo persoal que ten aquí para a praza pero que traballa en Ourense”.

Do mesmo xeito, o Centro de Saúde da Rúa “foi unha promesa reiteradamente incumprida polo PP, mais nunca fixo nada para facelo realidade”, engade Presas, indicando ao mesmo tempo que “a partir do 18F, cun goberno do BNG as demandas da veciñanza do concello da Rúa serán escoitadas e levaremos a cabo a construción do novo Centro de Saúde. Unha infraestrutura que disporá dos recursos necesarios e o espazo suficiente para as novas incorporacións que prevemos dentro do sistema público de saúde”, compromete Presas.

“O PP leva facendo campaña electoral da mala co Centro de Saúde da Rúa nos últimos catro anos e, nomeadamente, no último ano”, explica a alcaldesa do Concello da Rúa, María G. Albert, “cando perderon a alcaldía deste concello, o conselleiro de Sanidade deixou caducar a licencia para o comezo das obras e mesmo non contestou ás solicitudes de entrevista pedidas por esta alcaldesa”.

Artigos relacionados

Back to top button