Noite complicada para os núcleos de poboación que onte vivían a segunda xornada dun incendio feroz.
Unha gran lingua de lume foi avanzando dende a zona de Cereixido e Vilarmiel chegando ata o val do rio Soldón poñendo en perigo o núcleo de Vilar de Mondelo no que os bombeiros tiveron que facer un contralume para que as lapas non chegasen o pobo. Complicada tamén foi para os pobos de Vilanuíde, Centeais e Enciñeira.

Polo que non se puido facer nada foi polo lugar de Ferreira na parroquia de Montefurado, que lamentablemente foi devorado polas lapas sen poder evitalo. Actualmente este núcleo atopábase deshabitado.

A falta de medios na xornada de onte complicou aínda máis a situación. Esta mañá, segundo o Alcalde, en permanente contacto coa Consellería de Medio Rural, comezan a chegar os medios aéreos tan necesarios para poder atallar un dos incendios máis voraces que se lembran nesta zona. Segundo as últimas informacións das que se dispón o lume nestes momentos, avanza hacia a parroquia de A Seara e monte de Montouto.
Fotos: Rodrigo Sousa e cedidas.