
Na sesión plenaria que a Corporación municipal de Viana do Bolo celebraba o 7 de outubro dábase conta do Decreto de Alcaldía de data 1 de setembro de 2026, polo que se establecen os seguintes nomeamentos: José Antonio Alfonso García, primeiro tenente de alcaldesa das áreas de Obras e Medio Rural e Secundino Fernández Fernández, segundo tenente de alcaldesa e responsable das áreas de Facenda e Servizos Sociais.
Segundo se indica dende o Concello de Viana do Bolo, tanto a alcaldesa como os dous tenentes de alcaldesa “póñense á disposición da veciñanza vianesa para atender as súas necesidades e traballar para mellorar día a día o noso municipio”.