
Xa está aberto o prazo de reserva para asistir aos xantar da XI edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña que se celebrará o sábado 7 de febreiro no Hotel Finisterre, organizada en colaboración co Concello do Barco.
Nesta edición, ademais do botelo como protagonista, celébrase un Túnel do Viño dirixido por expertos sumilleres do equipo de Luis Paadín, en cuxa celebración colabora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.
O menú da comida está composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir co prato principal con botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica e todo regado con viños godello e mencía de Valdeorras, para rematar con café e selección de licores de Valdeorras.

O programa comezará ás 13 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño, no que se presentarán en torno a 50 referencias da D.O. Valdeorras ademais e contará coa “Msa do sumiller”, “con viños de Valdeorras anejados na nosa bodega privada. Así, os asistentes poderán gozar dun gran repertorio de godellos, mencías, garnachas, sousones, brancellaos…”, di o equipo de Luis Paadin.
O xantar servirase desde as 14:30 horas e a partir das 16:45 horas haberá música en directo no propio restaurante.
O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña é de 60 euros por persoa, e as prazas están limitadas a 250 asistentes. As reservas deben realizarse na web https://aulapaadin.com/tienda/festa-do-botelo-xi-edicion/, indicando, no momento da reserva, o nome e os apelidos, teléfono e correo de contacto, e, no seu caso, o nome da mesa onde quere ser ubicado. No caso de que a plataforma rexistrara problemas, as indicencias poden xestionarse a través do mail info@paadin.es, ou no teléfono 625 187 101.