Entre as 33 localidades galegas que esta tarde de 21 de outubro acollían actos de apoio a Palestina estaba novamente ao Barco. A praza do Concello da vila volvía ser o escenario dunha concentración na que os asistentes mostraban o seu respaldo ao pobo palestino, un xesto que se leva facendo no Barco dende hai máis dun ano. Ademais líase un manifesto da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, á que lle poñía voz Iris Gey.

Nel facíase balance da concentración celebraba recentemente en Compostela e volvíase criticar o comportamento dos gobernos tanto galego, como espalol e europeo ante a difícil situación e a indefensión do pobo palestino. Ademais amosábase a vontade de continuar mobilizándose.
Ao mesmo tempo que no Barco tamén se celebraban concentracións noutros puntos de Galicia e da provincia de Ourense, en concreto en Allariz, Manzaneda, Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Viana do Bolo e Verín.
Fotos: O SIL.