
A praza Maior de Viana do Bolo convertíase esta tardiña en escenario dunha nova concentración de apoio ao pobo Palestino, convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. No acto, no que se portaba unha pancarta co lema “Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina”, os participantes procedían á lectura dun manifesto elaborado pola mesma coordinadora. dábase lectura a un manifesto, elaborado pola mesma coordinadora, no que se abordaba o momento actual coa entrada en vigor do “cesar fogo”.
E incidíase na importancia que cobraba no conflito “a solidariedade internacional, fronte ao silencio dos poderosos”. Así mesmo volvíase a expresar o apoio do pobo galego ao Palestino. “Palestina existe e resiste”.
Noutros máis de trinta puntos de Galicia tamén se celebraban concetracións deste tipo na tarde deste 20 de xaneiro.