
Neste sábado 8 de marzo celebrábase unha reunión do Padroado da Fundación Vicente Risco para tomar posesión a nova directiva da entidade.
Esta directiva está composta por:
Elvira Carregado Pazos, Presidenta
José Fernández Fernández, Vicepresidente
María Isabel Mociño González, Secretaria
Xosé Manuel Firvida Plaza, Tesoureiro
O seu obxectivo é “continuar co labor desenvolvido desde a sua constitución o 12/12/1995, de impulsar a cultura galega partindo do legado intelectual de Vicente e Antón Risco para adaptar ás realidades do século XXI”, tal e como avanzan.