ConcellosO BarcoÚltima hora

Nova mobilización de apoio ao pobo palestino no Barco

 

A praza do Concello do Barco volvía ser, un luns máis, escenario dunha concentación de respaldo ao pobo palestino a partir das 20h. baixo o lema “Paremos o xenocidio. Palestina vencerá”. No seu decurso unha veciña, Aurora, lía o manifesto da Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, no que novamente se denunciaba a situación que están a vivir os palestinos e se criticaba a inacción e o silencio cómplice dalgúns medios.

Ademais anunciábase que continuarán as mobilizacións na rúa e que a seguinte concentración terá lugar o 18 de novembro.

Ao mesmo tempo que no Barco esta tarde tamén se celebraban concentracións noutras 32 localidades de Galicia. No caso da provincia de Ourense eran Allariz, Manzaneda, Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Viana do Bolo e Verín.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button