ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Nova mobilización en Viana do Bolo en solidaridade con Palestina

Cedida.

 

Entre as máis de trinta localidades galegas que esta tarde de 2 de decembro acollían concentracións de apoio a Palestina estaba Viana do Bolo. A partir das 20h. a praza da vila acollía este acto reivindicativo, convocado pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, no que participaba un grupo de veciños sostendo unha pancarta coa consigna “Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina”.

Ademais procedíase a dar lectura a un manifesto elaborado pola mesma coordinadora. “Hoxe estamos de novo aquí, nestas rúas e prazas, en 35 localidades da Galiza continuando coa nosa parte da tarefa para deter o xenocidio de Palestina: a tarefa de non deixar nunca de falar do que acontece, de non normalizar o xenocidio e de sinalar aos culpábeis e quen lle dá soporte”, comezaba o texto.

Ao remate anunciábase unha nova concentración deste tipo para o vindeiro 16 de decembro, “seguiremos nas rúas mentres o xenocidio continúe”.

Artigos relacionados

Back to top button