ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Novas prazas de aparcamento reservadas para persoas con discapacidade en Viana do Bolo

 

Nesta semana abríanse 4 novas prazas de aparcamento de discapacitados en Viana do Bolo (praza Maior, pavillón polideportivo, piscina municipal e estación de autobuses fronte ao Centro de Saúde). “Estas prazas súmanse á que xa se inagurou fai uns meses no Barrio do Toural”, segundo informa o Concello de Viana.

Tamén se instalou unha barra para aparcar os patíns e bicicletas na piscina municipal.

Back to top button