ConcellosÚltima hora

Novo accidente de tráfico en Viloira (O Barco)

 

Contra as sete desta tarde producíase un accidente de tráfico en Viloira (O Barco), segundo informaba o 112 Galicia. É o segundo en apenas 24 horas, tras o choque acontecido esta mañá na estrada de Santigoso. Desta volta resultaba atropelado un neno nas proximidades dos xardíns da Casa Grande. O menor era trasladado en ambulancia para recibir atención santaria.

Tamén se daba aviso á Policía Local do Barco, ao GES Valdeorras e aos bombeiros do parque comarcal.

Artigos relacionados

Back to top button