ConcellosTrivesÚltima hora

Novo e espectacular “Túnel do terror” en Trives para celebrar o Samaín, o 30 de outubro

Imaxe dunha edición anterior do Túnel de Terror en Santa Leonor, Trives./ Foto cedida.

 

Logo da excelente acollida de edicións anteriores, A Pobra de Trives prepárase para celebrar unha festa do Samaín cun novo e espectacular túnel do terror para todas as idades no labiríntico Centro de Interpretación Santa Leonor, na vila.

Será o vindeiro 30 de outubro, organizado pola ANPA O Recreo do CEIP Bermúdez Couso, e de seguro sorprenderá e aterrará aos participantes. Comezará cun primeiro pase entre as 18:30h. e as 20h. Haberá merende a partir das 19h. e, o segundo pase iniciarase ás 20:30h. e prolongarase ata as 22h.

E tal a complexidade e elaboración do evento, como podía comprobarase en anos anteriores, que poderá haber de todo, dende un cemiterio, ata a morgue, mortos vivintes, pantasmas… Será todo un desafío percorrer o antigo Museo de Santa Leonor na tarde do vindeiro 30 de outubro.

 

Back to top button