SanidadeÚltima hora

Novo falecemento dunha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 95 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense e que perdía a vida neste 17 de decembro. Deste xeito son xa 462 as persoas falecidas na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais falecían outras tres persoas na comunidade: un home de 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo o 16 de decembro e un home de 86 anos, así como unha muller de 95 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra neste 17 de decembro.

As catro persoas falecidas presentaban patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button