
O club Our-O organiza, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras organiza un novo labirinto de orientación para o vindeiro 8 de xullo na praza Maior do Barco a partir das 20 horas.
Trátase dunha interesante e entretida actividade que busca “ar a coñecer o deporte de orientación e está dirixida ao público en xeral e familiar, e aos socios do club”, din dende a organización, destacando que está recomendada a partir de 8 anos. “Os menores desa idade terán que asistir cos seus pais.
Inscrición (de balde) e máis información no e-mail: club.ouro@yahoo.com.

