ConcellosÚltima hora

Novo plan de sinalización do territorio do Xeoparque Mundial Montañas do Courel

Publicidade
Presentación do novo plan de sinalización do Xeoparque Montañas do Courel.

 

O tenente de alcalde de Ribas de Sil e presidente da Asociación Montañas do Courel, Roberto Castro; o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, reuníanse na mañá do 28 de outubro no miradoiro do pregamento de Campodola para presentar o novo proxecto de sinalización conxunta que se colocou no Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Neste proxecto colaboran os tres concellos citados, que conforman o Xeoparque, e a Axencia de Turismo de Galicia.

Este plan inclúe tres apartados de sinalización. O primeiro deles é a colocación de paneis de entrada no territorio que comprende o xeoparque por estradas autonómicas e locais. Por outra banda, tamén abrangue a sinalización de tres puntos de información turística con paneis que recollen os 77 puntos máis importantes do territorio, nos que está sinalizado todo o patrimonio nos seus diferentes aspectos: patrimonio xeolóxico, patrimonio etnográfico, centros de interpretación, …

O último dos aspectos recollido neste proxecto é a colocación de tres grandes paneis, colocados no lugar máis emblemático de cada un dos concellos. Así colocáronse na Praia Fluvial de San Clodio (Ribas de Sil); na Devesa da Rogueira (Folgoso do Courel); e no pregamento de Campodola – Leixazós (Quiroga).

A finalidade desta coidada sinalización é a “dar visibilidade a este territorio, e que os visitantes contribúan coas fotos, que de seguro realizarán nestes carteis, a difundir o Xeoparque Montañas do Courel”, explican os seus promotores.

 

Artigos relacionados

Back to top button