ConcellosQuirogaÚltima hora

Novo servizo de transporte para o Centro de Día de Quiroga

 

Xa está en marcha o novo vehículo co que conta o Centro de Día de Quiroga para recoller aos usuarios que o soliciten. Esta mañá o equipo de goberno municipal presentaba o novo coche que manexará persoal xa pertencente ao Concello, -o que suporá un aforro en custos- e a finalización da externalización do servizo de transporte.

O Concello de Quiroga solicitou unha subvención á Consellería de Política Social e Xuventude para a adquisición deste vehículo destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O Centro de Día é un centro xerontolóxico, socio – terapéutico e de apoio ás familias que presta os servizos de atención social e terapia ocupacional. Pero tamén conta con servizos complementarios como é o servizo de manutención e dietas e o servizo de transportes de recollida a domicilio. Este servizos funcionan a demanda dos usuarios.

 

 

O vehículo dispoñible ten unha gran capacidade que permite que os usuarios entren e saian facilmente. Ademais está capacitado para poder adaptarse como transporte de persoas con mobilidade reducida,  podendo utilizalo cunha cadeira de rodas na súa parte traseira; algo que, como matizaron o alcalde, de Quiroga José Luis Rivera, e o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, na presentación, ten en mente o equipo de goberno.

Artigos relacionados

Back to top button