ConcellosParada de SilÚltima hora

O 45º Magosto de Sacardebois (Parada de Sil) reúne a 300 persoas

No decurso rendíaselle homenaxe a dous veciños que participaban na posta en marcha desta celebración

 

Sacardebois (Parada de Sil) celebraba na tardiña do 9 de novembro o seu 45 magosto, na honra de San Martiño. Esta tradicional celebración congregaba a unhas 300 persoas que desfrutaban de 20 quilos de chourizos, acompañados de castañas e viño en abundancia. Non faltaba tampouco o baile.

Ademais, en torno ás 21h. procedíase a realizar un recoñecemento público por parte da comisión e do Concello de Parada de Sil a dous veciños que hai 45 anos empezaban coa organización do magosto.

 

 

A presidenta da asociación de veciños, Yolanda García, e o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, facían entrega das distincións, agradecendo esta inicaitiva, salientando a participación colectiva da veciñanza e animando á diversión na festa.

Fotos: Luis Baños/cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button