OurenseSen categorizarÚltima hora

O 7 de maio a cidade daralle a benvida á primavera coa festa dos maios na rúa do Paseo

Belén Iglesias, Jesús Vázquez e a técnico de Cultura, María Díaz. // Foto: Carlos Asensio.

O 7 de maio é o día elixido polo Concello de Ourense para celebrar a súa tradicional “Festa dos Maios”. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, dixo na presentación de hoxe, 2 de maio, asegurou que esta festa poderíase denominar “Enxebre, artística e infantil” debido ás categorías do concurso de maios que convoca o Concello de Ourense. A edil asegurou que esta festividade “é para que a cidade proxecte cara ao exterior, é dicir, unha festa de Ourense, dos ourensáns e para os ourensáns e para toda aquela xente que queira achegarse á nosa cidade”.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, apuntou que esta é “unha das festas máis singulares de Ourense, unha das súas manifestacións etnográficas máis arraigadas e, dende logo, un dos seus sinais de identidade”. En canto ao seu traslado á rúa do Paseo, o rexedor explicou que “era positivo achegar a esa rúa a nosa festa dos Maios”. Vázquez asegurou que o 7 de maio será “unha xornada festiva e cen por cen ourensá”.

No eido do cartel, este foi deseñado por Miguel Ángel García Chaler, que o presentou baixo a lenda “Maios, la fiesta de todos”, elixido “por ter un deseño explícito, que integra elementos representativos da cidade sen caer nos tradicionais tópicos”, segundo a deliberación do xurado. O alcalde salientou do mesmo que “representa claramente aos Maios”.

En canto ao programa, os maios comezarán a instalarse cara ás once da mañá coa colocación das esculturas.

Máis información sobre o concurso e os premios no número impreso de “O Sil” do mes de maio.

 

Cartel dos Maios 2017 deseñado por Miguel Ángel García.

Artigos relacionados

Back to top button