ConcellosQuirogaÚltima hora

O actor Iván Sánchez, pregoeiro da XL Feira do Viño de Quiroga

O actor Iván Sánchez.

 

Actor, modelo e cunha importante vinculación familiar con Quiroga. Así é Ivan Sánchez será o pregoeiro da XL Feira do Viño de Quiroga. Como actor Ivan Sánchez traballou na televisión, no cine e no teatro. Na televisión protagonizou a serie “El auténtico Rodrigo Real” (2005) e Hospital Central (2006-2011) de Telecinco. Tamén participou en series como “El pantano”, “Javier ya no vive solo”, “El comisario”, “Periodistas”, “Un paso adelante”, “Aquí no hay quien viva”, “Hispania la leyenda”, …
No teatro representou a obra “Fool for love”, que o levou por toda España e coprotagonizou o musical “El guardaespaldas”, un éxito de taquilla no teatro Coliseum de Madrid (2017).

No 2011 incorpórase á telenovela hispano-estadounidense “La reina del sur” na que daba vida a un galego. Este papel – como afirma Iván Sánchez- abriulle as portas para América. Neste continente participou da man de Televisa de México en telenovelas como “La tempestad”, papel polo que estivo nomeado no 2014 como “mejor villano”; ” Lo imperdonable” ou “Iago”, pola que estivo nomeado no 2017 como “mejor actor protagónico en serie”. Tras varios anos triunfando en México o actor regresou a España para participar en Master Chef Celebrity”, pero volveu cruzar o Atlántico para protagonizar “La mujer de mi vida”.

Nestes momentos atópase rodando unha serie sobre a vida de Miguel Bosé, na que da vida ao cantante. Tamén ten previsto comezar no mes de xuño a rodaxe dunha película en Galicia. Este polifacético actor di sentirse ben no cine, no teatro e na televisión ” me encuentro bien en las tres, a veces me apetece más una cosa que otra, pero cada una tiene su aquel, su historia”.

Na parte máis persoal, Iván Sánchez, considérase un gran viaxante e coñecedor de Galicia. Dende hai dez anos, cando o seu pai, tras xubilarse veu a vivir a Quiroga, son asiduas as súas visitas ao noso municipio onde pasa tempo con el e desconecta das rodaxes. ” Veño ao pobo de onde é o meu pai, porque el di que é de aquí”.

Iván Sánchez dixo estar feliz de ser o pregoeiro da XL Feira do Viño, e que aceptou gustoso a proposta que lle fixo persoalmente o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button