
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Manzaneda, Amable Fernández. Neste encontro a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración no eido das infraestruturas.
Allegue subliñou a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos municipios a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.