OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense non optará á reelección

Agustín Fernández anuncia que non se presentará ás primarias do PSOE na cidade
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, en rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, en rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Comunícovos a miña decisión é de non presentarme como candidato á alcaldía e, polo tanto, como candidato para participar nesas primarias que o PSOE e, polo tanto, non ser candidato ás eleccións do ano 2015”. Deste xeito o alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, anunciaba en rolda de prensa a súa intención de non optar a alcaldía de Ourense na mañá do 19 de setembro.

Aseguraba que se trata dunha decisión persoal e que oito anos no goberno municipal (dende o 2007 ata o 2015) é suficiente. Chega á alcaldía tras a demisión do anterior rexidor, Francisco Rodríguez, debido á Operación Pokemon.

Tamén explicaba Fernández que “a partir de hoxe” márcase como obxectivo “culminar todos aqueles proxectos que aínda están pendentes dese inmenso traballo que levamos a cabo nestes últimos anos e que eu espero concluír”.

Na súa intervención amosaba o seu agradecemento aos compañeiros no goberno e destacaba que se “sinte orgulloso do paso pola política, e non me arrepinto. Pero quizais esa sexa unha valoración que hai que facer dentro duns meses, non hoxe, porque aínda queda moito por facer, queda moito por traballar, hoxe é unha rolda de prensa, máis non é a última”.

Asemade adiantaba a súa neutralidade no proceso de primarias que proximamente levará a cabo o PSOE na cidade. “Quero garantir a miña neutralidade xa que son todos os afiliados os que democraticamente deben elixir nesas primarias ao candidato á alcaldía de Ourense por parte do PSOE”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button