OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense reúnese con representantes da Cámara de Comercio

 

Un dos momentos da reunión celebrada no Concello de Ourense.
Un dos momentos da reunión celebrada no Concello de Ourense.

 

Na mañá do 6 de xullo o rexedor ourensán, Xesús Vázquez, recibía na alcaldía a varios representantes da Cámara de Comercio e Industria de Ourense. O obxectivo do encontro era “falar acerca da cidade, do papel da Cámara como elemento dinamizador a nivel industrial e comercial e de proxectos conxuntos para captar fondos europeos que axuden no obxectivo de potenciar o sector comercial para que siga sendo un dos eixos básicos da cidade”, segundo se informa dende o Concello.

Na reunión participaban o presidente da entidade cameral, Juan Carlos Parada e a directiva da Cámara de Comercio de Ourense. Ademais do alcalde ourensán, tamén estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo, José Jesús Cudeiro, e a concelleira de Comercio, Ana Fernández Morenza

Artigos relacionados

Back to top button