OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense reúnese en Madrid coa ministra de Fomento

Abordaban cuestións como a integración do tren de alta velocidade na cidade, a Circunvalación Norte ou a Praza de Abastos número 1
Imaxe da reunión entre o alcalde de Ourense e a ministra de Fomento, na que tamén participaban o concelleiro de Infraestruturas de Ourense e o deputado ourensán no Congreso Celso Delgado.
Imaxe da reunión entre o alcalde de Ourense e a ministra de Fomento, na que tamén participaban o concelleiro de Infraestruturas de Ourense e o deputado ourensán no Congreso Celso Delgado.

A comisión que se encargará de planificar a integración ferroviaria da cidade de Ourense constituírase a finais de xullo. Así se facía público dende o Concello de Ourense despois da reunión que mantiñan o rexidor, Xesús Vázquez, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, en Madrid. Esta comisión será a encargada de definir a integración do tren de alta velocidade na capital da provincia e tamén o proxecto da futura estación intermodal. Dela formarán parte, ademais do Concello e do Ministerio, a Xunta de Galicia e a Deputación provincial.

Para o alcalde ourensán esta xuntanza resultou “moi fructífera” e nela tratáronse “temas vitais para a cidade”. Asemade resaltaba que nos orzamentos estatais do 2016 se incluirá unha partida para iniciar a execución da primeira fase da Circunvalación Norte. Tamén se abordaban outras acutacións como o proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos número 1 de Ourense, “ante o que a ministra expresou unha boa receptividade”.

Nesta reunión tamén estaban presentes o o secretario xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, o presidente da Comisión de Fomento e deputado popular por Ourense no Congreso, Celso Delgado e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.

Artigos relacionados

Back to top button