CulturaCulturaÚltima hora

O alcalde de Quiroga, premiado pola súa aposta por divulgar a xeoloxía

O vindeiro 18 de decembro recibirá unha distinción concedida polo Colexio de Xeólogos de España

O alcalde de Quiroga, intervindo no acto inaugural da ampliación do Museo Xeolóxico deste concello./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, recibirá un premio do Colexio de Xeólogos de España, polo seu apoio e divulgación á Xeoloxía de Galicia e pola construción do Museo de Xeoloxía de Quiroga.  A entrega terá lugar o venres día 18 de decembro no cóctel de Nadal que se celebrará na sede colexial en Madrid.

O Colexio de Xeólogos de España aprobaba en asemblea xeral esta distinción ao alcalde quirogués no pasado mes de xuño. Entre os méritos que enumeraban para outargarlle esta distinción figuran o feito de ser “o artífice, hai máis de 20 anos, da sinalización do Pregamento de Campodola – Leixazós, cun miradoiro con carteis explicativos e a creación do Museo de Xeoloxía”.

O Colexio Oficial de Xeólogos de España entendía que conceder esta distinción, proposta polo xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, axuda “moito a mellorar o apoio” a súa profesión en Galicia, tendo conta que o Museo de Quiroga foi o “principal argumento para a concesión da figura de Xeoparque Montañas de Courel da Unesco, demostrando o interese pola xeoloxía da xente da zona e o apoio dos interesados na Xeoloxía de O Courel”. Tamén destacaban que a Cámara Mineira de Galicia lle concedera un premio como entidade destacada no apoio da Xeoloxía e da Minería.

Artigos relacionados

Back to top button