
Expertos e mozos emprendedores do sector da economía azul participaban neste venres 21 de febreiro nunha mesa redonda en Samos (Lugo) na que se analizaban os resultados dunha enquisa sobre este tema. A economía azul promove o crecemento económico desde unha perspectiva noa que o propio motor do desenvolvemento baséase na preservación dos ecosistemas mariños e a sustentabilidade ambiental. Na xuntanza tamén se deseñaban os principais retos para os participantes de España, Francia, Irlanda e Portugal. Entre os participantes estaba, como experto, o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.
O encontro era organizado pola asociación Vida Láctea e a Cámara de Comercio de Santiago no marco do proxecto europeo ATLIC, cofinanciado polo programa Interreg Espazo Atlántico. Esta iniciativa busca impulsar o desenvolvemento sustentable e a innovación na economía azul, promovendo a cooperación entre países atlánticos para potenciar oportunidades en sectores como a pesca, a acuicultura, o turismo costeiro e a enerxía mariña.

Durante a xornada, os participantes analizaron os datos da enquisa sobre a situación do sector e debatiron sobre os principais desafíos e oportunidades para os mozos emprendedores. Ademais, establecéronse liñas estratéxicas para fomentar a formación, o emprendemento e a cooperación transnacional no ámbito da economía azul
O proxecto ATLIC busca fortalecer a competitividade do sector na rexión atlántica, promovendo a sustentabilidade e o emprego xuvenil nun entorno en constante transformación.
Fotos cedidas.