ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O alcalde de Río recibe o premio Top100 Líderes Innovadores e coloca ao seu concello no “mapa global da innovación”

 

Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río, vén de colocar ao seu municipio no centro da innovación global ao recibir hoxe en Sevilla o prestixioso galardón Top100 Líderes Innovadores, no marco do Congreso Internacional de Startups.

“Estar aquí non é só recibir un premio, é demostrar que dende un lugar pequeno tamén se pode falar de futuro e innovación”, destacaba este rexedor, lembrando que o recoñecemento reflicte o traballo constante de todos os que empuxan e creen en proxectos transformadores.

O galardón simboliza que a innovación non entende de tamaño de municipios. Para Pérez Blecua, os logros nacen do día a día, da constancia e do talento local que conecta co mundo.

 

 

Ademais, o alcalde aproveitou a ocasión para agradecer á Diputación de Sevilla polo trato recibido e a todas as persoas que forman parte do camiño, lembrando que detrás de cada premio están as persoas que cren, sosteñen e empuxan ideas.

Este recoñecemento reforza “a aposta de San Xoán de Río por proxectos de dinamización tecnolóxica e social, que poñen á provincia de Ourense no mapa da innovación e mostran que os pequenos municipios poden participar activamente en iniciativas globais”, asegura Pérez Blecua.

Fotos cedidas.

Back to top button