DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O alevín do Tres Cuñados, Brais Quirós, seleccionado para a fase previa do galego de seleccións comarcais de fútbol sala

Brais Quirós Álvarez./ Foto cedida.

 

O Club Pizarras Tres Cuñados FS segue de noraboa, cun novo xogador convocado pola selección ourensá de fútbol sala.

O ano pasado Mati Núñez Tato quedara campión galego na mesma categoría (cun gol seu na final contra Vigo) e este ano é Brais Quirós Álvarez quen vén de ser chamado oficialmente polo adestrador da selección ourensá alevín Pascual Codeso para “defender as cores da ourensá” o vindeiro luns 8 de decembro nas localidades do Carballiño e Maside, onde se disputará a fase previa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala.

Dende o club valdeorrés recoñecen orgullosos que “tras o esforzo que supón (sobre todo vivindo na nosa zona ) acudir ata a sete adestramentos a Celanova e Coles o noso alevín finalmente é un dos elixidos”, din, felicitando ao pequeno e á súa familia polo esforzo realizado, desesándolle “toda a sorte do mundo nesta nova experiencia”.

O calendario que deberá disputar Brais comezará no pavillón Paco Chao do Carballiño ás 11:30 horas co primeiro partido contra a selección de Santiago. Nese mesmo pavillón volverá xogar ás 16 horas contra a selección de Pontevedra e, finalmente, faráo no pavillón municipal de Maside contra a selección de Vigo.

 

Brais./ Foto cedida.

 

Back to top button