OurenseÚltima hora

O alumnado de 1º da ESO do Colexio Divina Pastora de Ourense viaxa a Lugo para coñecer o seu pasado romano

 

Unha semana máis cargada de actividades para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense que comezaban coma sempre realizando unha recollida de cabichas no Campus Universitario, dentro da Campaña ‘O mar empeza aquí’. Ademais aproveitaron para visitar en Humanidades unha exposición realizada polo alumnado de Educación Social sobre o Medio Ambiente e decálogos sobre a súa correcta conservación.

 

 

Viaxe a Lugo

Por outra banda, o alumnado de 1º da ESO do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense comeza unha Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) sobre Roma, chamada Ubs Urbis que consiste en que os alumnos sexán os enxeñeiros e construtores dunha cidade imperial co trazado de damero con Cardus e Decumanus e os principais elementos: foro, acuedutos, templos, termas, anfiteatros…

 

 

Para iso, desde as materias de Xeografía e Historia, Relixión, Lingua e Literatura, Galego e Plástica realizaban unha viaxe a Lugo para coñecer o pasado romano: a Casa do Mosaico, a Casa da Muralla, as Termas romanas, a Domus Mitreo, un paseo polo Adarve da Muralla completaron a visita a esta cidade Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000. Estiveron acompañan polos profesores Jaime, Gonzalo, Andrea e Cristina e contaron  coas explicacións do guía Guido.

Xornadas sobre Astronomía

Ademais, cos obxectivos de coñecer as estrelas e as principais constelacións que se poden ver desde a Terra e saber situalas na bóveda celeste; aprender nocións básicas das enerxías renovables que proporcionan as estrelas; e coñecer as rutas das constelación, realizaban un obradoiro de prácticas de observación con telescopio e prismáticos.

 

 

Así, o alumando pudo ver como son e como utilizalos para observar; como é o Sistema Solar e como atopar os planeta no ceo, da man dos mestres de cerimonia José e Iago Álvarez. 

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button