Alumnado de primeiro de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco, acompañado de docentes, participaba neste 19 de novembro nunha saída didáctica “para indagar sobre aspectos referidos á romanización” no oriente ourensán, achegándose a vestixios desa época da zona como a ara adicada a Xúpiter en Vilanova de Trives, a Ponte Bibei (ligada á Via Nova romana), aos miliarios situados ao seu carón, así como á Ponta de Cigarrosa sobre o río Sil, tamén cun milario.

Por outra banda, tamén visitaban outros xacementos de épocas anteriores como O Castrillón (Larouco), onde, “ademais de coñecer, a través da escavación arqueolóxica, o castro alí emprazado, tamén recolleron mostras de especies vexetais do bosque mediterráneo para analizar na aula de natureza do IES Lauro Olmo”, tal e como explican dende o instituto.
Fotos cedidas.