OurenseÚltima hora

O alumnado de 4º de Primaria do Colexio Franciscanas participa nun taller sobre alimentación saudable e sustentabilidade

 

O alumnado de 4º de Educación Primaria do Colexio Franciscanas de Ourense participaba esta semana nun taller educativo sobre alimentación saudable e sustentabilidade, impartido por persoal do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) no marco do proxecto europeo Oli4food.

Durante a actividade, os estudantes transformáronse en auténticos investigadores cunha misión clara: descifrar o código da Pirámide Mediterránea. Así, “a través de dinámicas participativas, retos en equipo e actividades prácticas, os nenos e nenas aprenderon como funciona este modo alimentario recoñecido polos seus beneficios para a saúde”, explican dende o colexio, destacando que o taller amosou de maneira didáctica “como a pirámide organiza os alimentos segundo a frecuencia coa que deben consumirse, destacando a importancia do equilibrio, a variedade e a moderación”.

 

 

O proxecto Oli4food, centrado na investigación e desenvolvemento de alimentos saudables e sostibles a partir da oliva e o aceite de oliva, aposta tamén pola divulgación científica como parte esencial do seu labor. Para o seu equipo, compartir o coñecemento coas xeracións máis novas é clave para fomentar hábitos saudables e unha maior conciencia sobre a alimentación e o coidado do planeta.

Desde o colexio Franciscanas destacan a “importancia de achegar a ciencia á aula de forma práctica e motivadora, promovendo a aprendizaxe activa eo pensamento crítico desde idades temperás”.

Back to top button