ConcellosÚltima hora

O arpista Roi Casal abre as festas de Verín

Dará un concerto na noite do 14 de agosto ás 23h. na praza García Barbón
Roi Casal durante un concerto.
Roi Casal durante un concerto.

A música será un dos elementos principais do programa das Festas na honra a Santa María Maior de Verín, que se celebrarán entre os días 14 e 16 de agosto. Os actos arrancarán na noite do 14 de agosto cun concerto gratuíto de Roi Casal, previsto para as 23:00 horas na praza García Barbón.

O arpista presentará en Verín o seu terceiro álbume en solitario, “Donos do noso destino”, co que este verán está a percorrer gran parte da xeografía galega e que o está a dotar de sona internacional. Nesta actuación amosará a súa mestría coa arpa céltica, a zanfona e o bouzoki, e nel tamén poderá escoitarse parte da súa discografía anterior, con varios temas que foron escollidos como banda sonora de exitosas series da TVG como ‘Pazo de Familia’ ou ‘Caseiros’.

Cartaz das festas de Verín.
Cartaz das festas de Verín.

As festas continuarán na xornada do 15 de agosto ás 11:30h. con misa (na que actuará a Coral de Verín) na parroquia de Verín, seguida da procesión na honra da Virxe. Pola tarde terá lugar asemade o espectáculo infantil de Xoán Curiel e, pola noite, as xornadas internacionais de folclore.

O programa completarase o 16 de agosto con feira (dende as nove da mañá) na praza Maior e con máis citas musicais. Así as seis terá lugar un concerto da Banda de Música de Xinzo de Limia e ás 20:30h. actuará o cantautor Emilio Rúa na praza Maior.

Artigos relacionados

Back to top button