
Música, xornada de portas abertas, proxeccións ou visitas. Son algunhas das propostas que achegará aos seus visitantes o Museo Arqueolóxico de Ourense con motivo do Día Internacional dos Museos, o domingo 18 de maio.
Será unha xornada de xornada de portas abertas, onde o público poderá percorrer o edificio do Museo na Praza Maior en horario de 10 a 14h. e de 18 a 22h. Haberá asemade dúas visitas guiadas: ás 12h e ás 19h.
Ao longo de todo o día proxectarase un vídeo coa recontrucción en 3D do edificio do Museo, antigo Pazo Episcopal: “Evolución histórica do edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense”.
Ademais, no apartado musical destaca o Concerto de Mónica de Nut ás 21h. Todas estas actividades son gratuítas e con entrada libre ata completar aforo.