ConcellosQuirogaÚltima hora

O arranxo da N-120, solicitado polo alcalde de Quiroga á subdelegada do Goberno en Lugo

 

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, vén de poñerse en contacto coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, para solicitarlle que xestione o arranxo da estrada N-120. O rexedor explica que esta estrada “que ten máis de 30 km dentro do termo municipal de Quiroga, está chea de fochancas, o que fai moi dificultosa a circulación e incluso perigosa, sobre todo en días de choiva”.

O problema, en opinión de Julio Álvarez, non se vai resolver tapando as fochancas. “A banda de rodamento desta estrada leva moitos anos feita, ten unha vida que xa rematou, polo que habería que fresala e facela de novo, polo menos a banda de rodamento”. De non realizarse así “todos os anos se estará na mesma situación, posto que a banda de rodamento actual  comezouse nos anos 70 e evidentemente, como todos os materiais de construción, teñen unha vida e se deterioran”.

 

 

Julio Álvarez pediulle á subdelegada do Goberno que se dirixa á Xefatura Territorial de Estradas na Coruña e ao Ministerio de Infraestructuras para que solucione este problema que fai “que unha estrada importante, en canto ao número de vehículos e usuarios,  en época invernal, case perda a categoría de Estrada Nacional para converterse nunha vía que non reúne as condiciones para ter esta consideración”.

Artigos relacionados

Back to top button